Aula Teatral

O teatro como catalizador das experiencias cotiás, unha fórmula de autocoñecemento, aprender a entender emocións, expresalas e disfrutar de compartilas.

A primeira idea da aula é crear un grupo para divertirse e socializar mediante o teatro, fomentando o gusto e disfrute tanto das representacións propias como das doutras compañías.

Está en acción UNIDADE DO ZONO

unha compañía de teatro amateur nacida a partir deste proxecto

dirixido por Ero Vázquez Cabrera dende o comenzo.


Crea a túa propia aula teatral!

A metodoloxía utilizada ten en conta a peculiaridade de cada participante, e as características do grupo no seu conxunto.


Busca a maior motivación posible dos actores e actrices, sendo iste o maior interés por parte do mestre, xa que pola experiencia acumulada entende a motivación como o factor máis importante para levar a bon porto un proxecto teatral afeccionado.