Se forma como compañía profesional no ano 1981 da mán de Fernanda Cabrera Varela e Rafael Vázquez Núñez

, recuperando a tradición dos títeres e as marionetas de fíos para Galicia co espectáculo “Teatriño de Feiras”,

que aínda hoxe se sigue representando co nome “The Piccole Theatre Vagamundi”.

 

Dende o principio foi unha compañía que traballou por elevar a categoría artística dos títeres como ferramenta dentro da dramaturxia.

 

Tras vinte anos de traxectoria falece Fernanda Cabrera, peza fundamental da compañía e da historia dos títeres en Galicia.

 

Deixanos a herdanza da definición dun estilo e estética vencellada a arte contemporánea e iniciativas de desenvolvemento profesional e dinamización cultural, ademáis das actividades de solidaridade do oficio como foron os chamados “Domingos de Furabolos” ou os “Encontros dos Titiriteiros Galegos”.

 

Continuando co mesmo esprito, a compañía sigue adiante en máns de Rafael Vázquez e Ero Vázquez Cabrera, creando unha serie de espectáculos baseados no Teatro en Negro e o Teatro de Obxectos.

 

A partires do ano 2006, Ero Vázquez Cabrera faise cargo da compañía xunto con Isa García Coldeira, e a compañía renace con novos proxectos como compañía de títeres independientes, onde a innovación e a orixinalidade seguen a ser ingredientes básicos.

 

Tan independentes serán os seus títeres, que na sua experimentación sobre la base del Teatro en Negro, crean “Historias de Títeres”, un espectáculo de guiñol representado sen telón que cubra @s titiriteir@s sendo est@s invisibles.

 

Destacamos “A princesa de xeo”, creada en colaboración coa Asociación Lírica de Galicia.

 

“Cuarteto de Corda” con marionetas de fíos, e “Nimbos”, traballando técnica de sombras e Teatro de Obxectos aplicados á poesía de Xosé María Díaz Castro. SEmpre a abondar nunha estética que conquiera calidade, categoría artística e capacidade expresiva á dramaturxia da marioneta.

 

Participamos activamente nos Circuitos Culturais da Deputación de A Coruña dende o seu empezó ata o cambio de domicilio á provincia de Lugo, así coma noutros circuitos da Xunta de Galicia como Redes de Teatros e Auditorios, Salas, Cultura Vai, Letras Vivas, Ler conta moito, Cultura no Camiño, e visitamos multitude de Festivais: Redondela, Titirideza, Riveira, Asturrisas, Cee, Festiletras, Sarria, Carballiño, Titirinoia, Titerentroido,…

 

Realizamos talleres, tanto para nen@s como para adult@s de teatro e teatro de títeres, fabricación de marionetas, de guiñol, de fios, gomaespuma,…

Colaboracións con outras compañías…

Esa continuidade sobre a base dun núcleo artístico familiar, se manifiesta con rotundidade no mantemento actualizado e cun novo estilo de parte do repertorio clásico, e a contínua creación de novos espectáculos.

Seguimos a tirar do fío dunha proposta estética baseada nunha contínua labor de creación, experimentación e de produción de taller, con medios propios e unha clara filosofía de autoprodución.