O NOSO TALLER


Antes de poder saír a escena a representar calquera das nosas obras, hai un traballo importante que é o de imaxinar, ver claros os elementos necesarios para levar a cabo a idea primixenia. É despois dese traballo cando empeza a tarea de materializar as ideas, comenza o xogo no taller….

Qué material escoller para o corpo, a cabeza ou o pelo do boneco? Qué tipo de mecanismo prefiro para lograr os movementos que fará? Cómo creo o espazo no que se van mover as marionetas e actores? Qué invento para simplificar o transporte? Nos nosos espectáculos actúan as nosas marionetas dentro das nosas escenografías, polo que temos o orgullo de decir que levamos tantos anos traballando no taller como no escenario. Despois deste tempo de experimentación, aprendizaxe e logros, tomamos a decisión de crear ademáis según outros gustos ou necesidades, as túas!!

Chámanos e cóntanos a túa idea Daremoslle forma en equipo!