O NOSO TALLER

Antes de poder saír a escena a representar calquera das nosas obras, hai un traballo importante que é o de imaxinar, ver claros os elementos necesarios para levar a cabo a idea primixenia.
É despois dese traballo cando empeza a tarea de materializar as ideas, comenza o xogo no taller…

Nos nosos espectáculos actúan as nosas marionetas dentro das nosas escenografías, polo que temos o orgullo de decir que levamos tantos anos traballando no taller como no escenario.

Despois deste tempo de experimentación, aprendizaxe e logros, tomamos a decisión de crear ademáis según outros gustos ou necesidades, as túas!!

Chámanos e cóntanos a túa idea
Daremoslle forma en equipo!

Slider

OBRADOIROS

Sentimos que é importante a aprendizaxe mediante o xogo e como ademáis nos sentimos titiriteirxs, propoñemos que o xogo sexa aprender a facer títeres.
Presentamos algunhas propostas con posibilidade de ser realizados con nenxs e/ou adultxs, e sempre tendo en conta que o producto final dependerá da duración do obradoiro.

Sombras chinesas
Creación de títeres de papel, tea, refugallo,…
Máscaras
Creación dunha marioneta de fío e manexo da mesma (curso)
Creación de distintos tipos de títere e manexo dos mesmos (curso)
Creación de bonecos, persoaxes e historias (curso)
Animación á lectura mediante técnicas teatrais

Traballamos con porexpan, cartón pedra, madeira, masillas, tea, gomaespuma,…

Se non atopas o que buscas fai a túa proposta,
no caso de non poder levala a cabo podemos coñecer a outros profesionais cualificados.

Slider