Quen Somos ?

Amantes dos títeres e obxectos coma protagonistas da dramaturxia, apostamos pola creación de espectáculos dende o seu comenzo, cunha clara filosofía de autoprodución


A nosa proposta escénica está baseada en anos de experimentación no manexo e construcción de diferentes tipos de marionetas, sempre ideando a mellor opción según as necesidades do personaxe ou escena.


Tentamos fomentar, sempre dende o divertimento, valores coma a igualdade, o respecto e o apoio mútuo. Vemos de vital importancia unha educación emocional positiva así como de respecto pola natureza

Ademáis realizamos traballos escenográficos, de iluminación, efectos especiais, interpretación, dirección,…