Historia da compañía

Teatro Marionetas Trécola fórmase como compañía profesional no ano 1981, da man de Fernanda Cabrera Varela e Rafael Vázquez Núñez, recuperando a tradición dos títeres e marionetas de fíos para Galicia co espectáculo
“Teatriño de Feiras”, que aínda hoxe continua nas táboas
sempre actualizado co nome “The Piccole Theatre”.
Dende o principio foi unha compañía que traballou por elevar a categoría artística dos títeres e obxectos como ferramenta dentro da dramaturxia.
Tras vinte anos de traxectoria falece Fernanda Cabrera,
peza fundamental da compañía e a historia do títere en Galicia.
Déixanos a herdanza da definición dun estilo e estética vencellada ao arte contemporáneo e iniciativas de desenvolvemento profesional e dinamización cultural, ademáis de actividades de solidaridade no oficio como foron os chamados “Domingos de Furabolos” ou os “Encontros dos Titiriteiros Galegos”.
Con esta idea, a compañía sigue ad¡ante en mans de Rafael Vázquez e máis Ero Vázquez Cabrera, creando unha serie de espectáculos
baseados no Teatro en Negro con títeres e obxectos.
A partires do ano 2006, Ero Vázquez Cabrera faise cargo da compañía
xunto a Isa García Coldeira renacendo
con novos proxectos sen esquecer as creacións xa existentes.
Na súa experimentación sobre a base do Teatro en Negro crean “Historias de Títeres”, unha obra de guiñol representada sen telón
que cubra @s titiriteir@s, sendo est@s invisibles.
Tamén xogando coa iluminación e marionetas xigantes destacamos “Turandot, a princesa de xeo” creada en colaboración coa Asociación Lírica de Galicia ,
“Traxicomedia de Calixto e Celestino”
con bonecos de bocón e varilla, “O agasallo de Anya”…
Esta segunda xeración da compañía estrea máis de vinte montaxes e continúa con parte do seu repertorio anterior, actuando en Teatros, Auditorios, Casas de Cultura, Bibliotecas, Festivais de Títeres, Colexios, Salóns de Actos, Prazas…
Seguimos a tirar do fío dunha proposta estética baseada nunha continua labor de creación, experimentación e de produción de taller, con medios propios e unha clara filosofía de autoprodución.

Slider