Gaela é unha nena castrexa moi activa que non se amedoña fácilmente, loita por defender a natureza e contra as inxustizas que vai atopando no camiño

Anda Gaela preocupada perseguindo ao Druida nun día moi importante para él, xa que en dúas lúas celébrase o consello de Druidas anual e non atopa un último condimento necesario para a súa nova poción.

 

ela quere ser druida!

O mestre negase en rotundo:

“As nenas non poden ser druidas.

Iso é cousa de homes”

Esta resposta, lonxe de calmar as ansias da nena,

dalle o empurrón para seguir o seu fado.

Terá que demostrar ao Druida que ela pode ser o que desexe se pon todo o seu empeño,

así terá que pasar divertidas e emocionantes probas para conseguir a súa capa branca.

Unha obra orixinal da compañía

ambientada na época castrexa

que cun formato sinxelo e marionetas de fío e varillas

achega aos máis pequen@s e lembra as personas adultas

valores coma a igualdade de xénero, o coidado medioambiental,

a autoestima e a importancia de perseverar para superar os retos

 

 

Autoría propia

Dirección: Ero Vázquez Cabrera

Titiriteir@s: Ero Vázquez Cabrera e Isa G. Coldeira

Bonecos e escenografía: Ero Vázquez Cabrera e Isa G. Coldeira

Vestiarios: Isa G. Coldeira



Apta para tódolos públicos e especialmente adicada a un público infantil

Espazos interiores ou exteriores

Duración: 45 minutos

Dimensións: 5 x 5 metros mínimo.